Martes 21 de Agosto ás 22:30h no Eirado do Costal
Jorge Vistel (trompeta)
Rafael Águila (saxo tenor)
Xan Campos (piano)
Reinier Elizarde “El Negrón” (contrabaixo)
Iago Fernández (batería)
O concertó estelar do Canjazz 2012 aunará a músicos cubanos e cangueses baixo a dirección do trompetista Jorge Vistel.
JORGE VISTEL
Naceu en Santiago de Cuba en 1982 nunha familia con arraigada tradición musical.Comeza a estudar trompeta na "Escuela Vocacional de Arte de Santiago de Cuba". Aos quince anos comeza a súa carreira profesional, e máis tarde funda co seu irmán Maikel os "Vistel Brothers Band", cos que participa en festivais coma Monterrey Jazz Festival (EEUU), Bermudas Jazz Festival, Habana Jazz Plaza e Varadero Jazz Festival, entre outros.
Ten acompañado a artistas da talla de Roy Hargrove, Eddy Henderson, Jame Carter, Steve Coleman, Marcus Printup, Sean Jones, Steve Turre, Danilo Pérez, Oscar Valdés, Gilberto Valdés, Bobby Carcasses, Arturo O'Farril, Peruchin Jr, Ali Jackson, Benny Green, Dafnis Prieto, Francisco Mella, David Virelles, Esperanza Spalding, Gerald Clayton, Joe Sanders, Justin Brown, Dado Moroni, Peter Washington, Lewis Nash, Luis Deniz, Terence Stanford, Roman Filiú.
Dende o ano 2007 Jorge e o seu irmán Maikel residen en Madrid, onde acompañan a músicos da talla de Iñaki Arakistain, Mariano Valdayo, Bobby Martinez, Paco Charlin, Miguel Angel Chastang, Albert Sanz ou Perico Sambeat.
Recentemente saíu a venda o primeiro disco da Vistel Brothers Band, "Evolution",editado pola discográfica Freshsound-New Talents na que participa o batería cangués Iago Fernández.