canjazz

Colaboradores

Actualidade

Big Band Na...
cartel2005

O festival

Dende o ano 2001 ata a actualidade o Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra logrou poñer en marcha o Festival Internacional de Jazz de Cangas "CANJAZZ", baseándose nos antecedentes jazzísticos nesta vila que se remontan ao ano 1979.

  Nestes  nove anos  o CANJAZZ convertiuse nun referente do jazz na Galiza,  achegando a Cangas aos artistas máis destacados da outra beira do Océano Atlántico, coma son os neoiorquinos  Adam Niewood, Bill Goodwin, Marcus Strickland, Lage LundAlan Ferber ou Miguel Zenón; e aos músicos máis destacados da Península Ibérica coma Perico Sambeat, Jesús SantandreuJavier VercherToni Belenguer (Valencia);  Raynald Colom, Marc Ayza, Guim G. Balasch, José Reinoso (Catalunya);  Pablo Martín (Euskadi);  Joana Machado, Demian Cabaud, Afonso Pais, Carlos Barretto, Zé Eduardo, Mario BarreirosNelson Cascais, Joao Lancastre, Rodrigo Gonçalves, Alexandre Frazao, Mario Delgado, André Fernándes, Bruno Pedroso, Jesse Chandler, Bernardo Moreira, André Sousa Machado, Big Band de Nazaré, Gremio das Músicas ou Joao Guimaraes (Portugal); Juanma Barroso, Bob Sands, Chris Kase, Doris Cales ou  Andy Philips (Madrid); Abe Rábade, Paco Charlín, Manolo Gutiérrez, Santi Quintáns ou Ramón Ángel Rey  (Galiza). Pero amáis disto o CANJAZZ contou nas súas programacións cos grupos e artistas máis representativos do novo jazz galego coma Mr. Chacho, Ten Jazz Men, Gdjazz Street Band, Cinnamon Gum,  Moreira-Cuacci “Cantando a Jobim”, Orquestra de Jazz do Morrazo, Virxilio da Silva, Xan Campos, Iago Fernández, Jose Ferro, Max Gómez,  Xacobe Martínez Antelo, Pablo Castaño, Michel González , Nando Lago Quartet, Marcos Teira, etc.