IMPARTIDO POR BILL GOODWIN- ADAM NIEWOOD
________________________________BILL GOODWIN, batería
Nace en Los Ángeles o 8 de Xaneiro de 1942
Desde 1959 ata hoxe, Goodwin foi un baterista profesional, tocando con instrumentistas da talla de Bill Evans, Dexter Gordon, Art Pepper, Jim Hall, George Shearing, Bobby Hutcherson, Keith Jarrett, Jim McNeely, Tom Harrell, Hal Galper; e cantantes como June Christy, Joe Williams, Tony Bennett, Manhattan Transfer e Tom Waits. Estando na banda de Gary Burton viaxa á costa oeste dos EEUU en 1969. Despois de tres anos co grupo de Burton, Bill múdase a unha vella granxa nos Poconos. Aló foi onde el e o contrabaixista Steve Gilmore chegaron a ser un equipo. Goodwin, así como Gilmore, é un membro do The Phil Woods Quartet (agora Quintet), mesmo desde a súa fundación en Febreiro de 1974.
Phil Woods di: "Bill é o ingrediente máxico nun grupo acústico. Bill é un dos mestres que realmente toca a canción, non soamente marca o tempo. Perfila o seu son marabillosamente. Bill toca música de verdade.”
Bill Goodwin produciu todas as gravacións do Phil Woods Quartet/Quintet e Pequena Big Band desde 1980, incluíndo os álbums gañadores de Grammy MORE LIVE (Adelphi), AT THE VANGUARD (Antilles) e o disco nominado aos Grammy en 1992 ALL BIRD'S CHILDREN (Concord Jazz), así como THE PHIL WOODS QUINTET MEETS DIZZY GILLESPIE en Timeless Records e FLOWERS FOR HODGES por Phil Woods e Jim McNeely a dueto. Tamén produciu varias gravacións para Tom Harrell e foi o productor principal para Omnisound editando material como: PHIL WOODS/LEW TABACKIN, SONGBOOKS de Dave Frishberg's, VOLUME I e VOLUME II.; LIVE AT THE DEER HEAD de Keith Jarrett no selo ECM, e o THE PHIL WOODS QUARTET/QUINTET 20TH ANNIVERSARY ALBUM para o selo Mosaic, ASTOR & ELIS de Phil Woods para o selo Chesky Records e MILE HIGH JAZZ para Concord Jazz.
____________________________ADAM NIEWOOD, saxo tenor
Adam foi estudiante en Berklee College of music e William Paterson University; onde se graduou en Interpretación Musical. Desde 2000 a 2003 Adam foi profesor de Saxofón, Historia de Jazz e Conxunto Instrumental en Montclair State University. En 2001 Adam foi escollido como un dos 18 alumnos para cursar o programa de Jazz da Juilliard School of Music. Adam deixou o posto en Montclair University en Setembro de 2003, despois de conseguir unha bolsa do 100% para cursar estudios en Manhattan School of music. Obtivo o seu Máster en Interpretación de Jazz en Maio de 2005. Adam coñeceu ao baterista Bill Goodwin na conferencia da IAJE (Asociación Internacional de Educadores de Jazz) en New York. Bill tiña traballado moitas veces con seu pai Gerry, e comezou a chamar a Adam de contado para concertos.
En Marzo de 2003, Adam publicou o seu primeiro álbum no selo Native Language co grupo SBW. Máis tarde, en 2004, Adam co-produciu con Bill Goodwin un CD para seu pai Gerry titulado "Facets"; e Bill tam´ne produciu "Introducing Adam Niewood" o seu primeiro disco como líder con Eric Lewis no piano, Matt Brewer no contrabaixo, e Ben Perowsky na batería, editado en Xuño de 2004.
Ademais do seu proio proxecto persoal, Adam Niewood forma parte das seguintes bandas: Bill Goodwin Group, Grupa Janke Randalu, Nathan Peck's The Voip, Scott Reeves, Id Trio (con Rohin Khemani e Noah Jarrett), a banda de Matt Brewer con Jeff Tain Watts ou Gerald Cleaver…
ORGANIZACIÓN DAS CLASES
Do Xoves 20 de Agosto ao Venres 21 de Agosto de 11-14h
LUGAR
Auditorio Municipal de Cangas
(Av. Lugo, s/n)
Cangas do Morrazo (Pontevedra)