canjazz

Colaboradores

Actualidade

Joana Macha...
cartel2003

Edición 2008

Edición 2008

phoca_thumb_l_cartel_canjazz2008O Festival Internacional de Jazz de Cangas presentouse nesta undécima edición cunha proposta que achegou ao mellor jazz de New York a Cangas, cun concerto único que agrupou a dous dos artistas máis destacados da gran manzana, Marcus Strickland (saxo tenor) e Lage Lund (guitarra), con dous dos músicos cangueses máis internacionais Xan Campos (piano) e Iago Fernández (batería). Estes catro músicos xunto co contrabaixista santiagués Jose Carlos Ferro formaron o Canjazz Reunion, un proxecto que quedou para a posteridade xa que se grabou un disco, e que pretende trazar pontes musicais entre New York e Cangas.
A cantora neoiorquina Doris Cales trouxonos o mellor jazz vocal,  a Big Band de Nazaré foi a encargada de pechar o canjazz no Auditorio Municipal (por mor do mal tempo). O canjazz workshop permitíu a tódolos músicos que pasaron polo auditorio municipal, disfrutar do mellor jazz da man de Marcus Strickland e Lage Lund. As jam session do plantacións e os pasarrúas da Gdjazz Street Band completaron un cartel que pretendeu achegarnos un pouco máis á capital mundial do jazz.
 

MARCUS STRICKLAND-LAGE LUND CANJAZZ REUNION

phoca_thumb_l_canjazz_reunionMercores 27 de Agosto as 22:30h
EIRADO DO COSTAL
  • Marcus Strickland (saxo tenor)
  • Lage Lund (guitarra)
  • Xan Campos (rhodes)
  • Jose Carlos Ferro (contrabaixo)
  • Iago Fernández  (batería)
O concerto estelar desta edición reuníu a dous grandísimas figuras da cidade dos rañaceos con tres músicos locais. Quizabes esta foi unha das maiores apostas que se teñen feito na historia do jazz na Galiza, e que pretende ser un referente para poñer aos nosos músicos en igualdade coas estrelas norteamericanas.

Marcus Strickland foi elixido como o “Mellor artista revelación”polos lectores da prestixiosa revista  JazzTimes Magazine no ano 2006. Strickland acompaña actualmente a músicos da talla de Dave Douglas, Jeff 'Tain' Watts,  Will Calhoun, ou o prestixioso batería Roy Haynes.


Luge Lund gañou o premio Thelonious Monk ao mellor guitarrista no 2005 e acompaña actualmente a artistas da talla de Carmen Lundy, Ingrid Jensen, Wynton Marsalis and the LCJO, Eric Revis, Seamus Blake, David Sanchez, Jaleel Shaw, Will Vinson, Kendrick Scott, Robert Glasper, Aaron Goldberg, entre outros.


Xan Campos, Iago Fernández e Jose Carlos Ferro son tres das novas figuras do jazz galego, colaborando con grandes artistas tanto estatais, coma internacionais da talla de Matt Brewer, Walter Smith III, Johnathan Blake, John O´Gallagher, André Fernández, Jesús Santandreu, Bob Sands, Doris Cales, Mikel Anduela, Ramón Cardo, Juanma Barroso, Javier Colina, Perico Sambeat, Joao Moreira,  etc.

 

DORIS CALES QUINTET

doc_1261Xoves 28 de Agosto as 22:30h
EIRADO DO COSTAL
  • Doris Cales (voz)
  • Javier Pereiro (trompeta)
  • Felipe Villar (guitarra)
  • Juansy Santomé (contrabaixo)
  • Juanma Barroso (batería)
Doris Cales nace en Brooklyn, Nueva York, leva anos residindo en Madrid. Posee unha voz chea de forza, sentimentos, de un feeling abrumador, é sen dubida unha das voces máis importantes da escea musical actual no estado español. Todo un privilexio.
Dende que se instala en Madrid traballa con compositores y músicos  da talla de Juan Carlos Calderón, Miralles, Kitflus, Serrat, Miguel Ríos, Ana Belén, Víctor Manuel, Auseron, por citar algúns exemplos, e tamén con músicos internacionais como Lionel Ritchie, Harry Belafonte ou  Spandau Ballet.
No mundo do jazz ten colaborado con Jorge Pardo, Jerry González, Horacio Icasto, Víctor Merlo, Carlos Carli, Raimundo Amador, Antonio Serrano, Jesús Pardo, Nono García, Miguel Ángel Chastang, Pedro Sarmiento, Tomas San Miguel ou Pedro Ruy Blas.
Este quinteto aunou a dous grandes músicos madrileños Doris Cales e Juanma Barroso, xunto con tres músicos galegos, o cangués Javier Pereiro, o moañés Juansy Santomé e o nigranés Felipe Villar.
 

BIG BAND DO MUNICIPIO DE NAZARÉ

Venres  29 de Agosto ás 22:30h big_band_jacinta1
AUDITORIO MUNICIPAL (por mor do mal tempo)
Adelino Mota
: Dirección
  • Julia Valentím (voz)
  • Saxofón Alto: Joaquim Pequicho e  João Capinha
  • Saxofón Tenor: André Duarte e Wilson  Ferreira
  • Saxofón Barítono: Pedro Morais
  • Trompeta: Victor Guereiro, André Venancio, Luís Guerreiro e Margarida Louro
  • Trombón: Reinold Vrielink, Élio Frois , Luís Pires e Fábio Matias
  • Guitarra: Gonçalo Justino
  • Piano: Ricardo Caldeira
  • Baixo: Tiago Lopes
  • Bateria: Bruno Monteiro
A Big Band do Município da Nazaré se formou en Setembro de 1999, baixo a dirección de Adelino Mota. O repertório apresentado nos espectáculos está baseado en “standard’s” de Jazz e composicións para Big Band de músicos como: Duke Ellington, Count Basie, Dizzy Gillespie etc. e actualmente inclúe tamén temas máis contemporáneos de autores como: Chick Corea, Herbie Hancock, Quincy Jones, Pat Metheny, entre outros. Esta agrupación está  composta por 5 Saxofóns (2 Altos, 2 Tenores e 1 Barítono), 4 Trompetas, 4 Trombóns, Piano, Guitarra, Baixo, Batería e Voz en algúns temas.
  Esta Big-Band fixo concertos en Portugal, España e Alemania, destacando a participación no Festival de Jazz da Alta Estremadura, Festival de Jazz de Aljustrel, Festival de Jazz de Portalegre, Festival de Jazz de Pontevedra, Festa do Jazz no Teatro S. Luís, nos Encontros de Jazz de Évora (com Carlos Martins como convidado), no Festival de Tomar, Palco 1º de Maio da Festa do Avante, no Hot Club de Portugal e no Bflat en Matosinhos.

 

Gdjazz Street Band do 27 ao 29 de Agosto de 13-14h e de 20-21h pasarrúas

PASARRUAS
  • Xavier Gdjazz Pereiro (trompeta)
  • Fernando Sánchez (saxo alto)
  • Antonio Rodríguez (trombón)
  • Oscar Prieto (tuba)
  • Javier Barral (percusión)
Volve a sensación da pasada edición. A banda liderada polo trompetista cangues Gdjazz levará o jazz a tódolos recunchos da vila, e convertirá a Cangas en Nova Orleáns.
 

Jam-session do 26 ao 28 de Agosto ás 24h no Plantacións

  • Khronology trio
  • Seir Caneda (piano)
  • Pablo Pérez (contrabaixo)
  • Chus Pazos (batería)
 

CANJAZZ WORKSHOP 2008

MARCUS STRICKLAND / LAGE LUND

Auditorio Municipal de Cangas ( do 22 ao 26 de Agosto) de 11-14h (15h lectivas)

O canjazz workshop permitíulle a todo o alumnado que se pasou polo Auditorio Municipal de Cangas, disfrutar do mellor jazz da man de dous dos músicos máis destacados de Nova Iorque. As clases de combo e master classes instrumentais, permitiron achegar mellor os conceptos nestes cinco días. Ao final do curso entregouse un diploma acreditativo a tódolos asistentes.

MARCUS STRICKLAND

Marcus_300Marcus Strickland foi elixido como o “Mellor artista revelación”polos lectores da prestixiosa revista  JazzTimes Magazine no ano 2006. Strickland acompaña actualmente a músicos da talla de Dave Douglas, Jeff 'Tain' Watts,  Will Calhoun, ou o prestixioso batería Roy Haynes.
Estivo nominado aos grammy cos discos("Fountain of Youth" - Roy Haynes & "Keystone" - Dave Douglas).Tamén ten acompañado a músicos da talla de Lonnie Plaxico, Nicholas Payton, Tom Harrell, The Carnegie Hall Big Band, The Mingus Band, the Village Vangaurd Band, Milt Jackson Big Band, The Lincoln Center Jazz Orchestra & Reggie Workman's African American Legacy Band.
Os seus dous primeiros discos coma lider ("At Last" e "Brotherhood"); editounos a discográfica Fresh Sound New Talent Records. Dende o ano 2006 funda a súa propia discográfica Strick Muzik – editando o cd doble "Twi-Life", e o cd “Open Reel Deck” con Lage Lund na guitarra, Carlos Henderson no baixo eléctrico, o seu irmán xemelgo  E.J. Strickland na batería, e outras colaboracións puntuais.


LAGE LUND

picture-21Luge Lund estudou na Berklee College of Music, e no Julliard Institute, no ano 2005 gañou o premio Thelonious Monk ao mellor guitarrista. Lage acompaña actualmente a artistas da talla de Carmen Lundy, Ingrid Jensen, Wynton Marsalis and the LCJO, Eric Revis, Seamus Blake, David Sanchez, Wil Vinson, Jaleel Shaw, Abigail Riccards, Kendrick Scott, Steinar Nickelsen, Marcus Strickland, Walter Smith III, Aaron Goldberg, Rodney Green, Matt Brewer, Ari Hoening, Robert Glasper, ou Johnathan Blake  entre outros.

No ano 2007 editou o seu primeiro cd en solitario "Lage Lund Trio +1".