canjazz

Colaboradores

Actualidade

30 anos de ...
balea´s blu...

Edición 2004

Edición 2004

cartaz2004  Coa idea de rememorar un dos derradeiros  Festivais  de  Jazz  de  Cangas  no  ano  1987, coa  participación  de  Tete  Montoliú  e  a  Big  Band  do  Taller  de  Músics  de  Barcelona, dirixida  por  Zé  Eduardo, onde  tocaban  moitos  músicos  novos  coma  Perico  Sambeat, os  irmáns  Rossy (Jordi  e  Mario), Ramón Cardo, e  moitos  outros  que  co  tempo  convertíronse  nos  referentes  do  Jazz  en  España;  a  organización  do  festival  quixo  rendir  un  merecido  homenaxe  á historia deste festival, facendo  outra  vez  que  Cangas  volva  a  estar  na  primeira  liña  creativa. Como  nexos  de  unión  do  festival  contamos  tanto  co    gran  mestre  de  toda  unha  xeración  de  grandes  músicos  tanto  en  Portugal (Escola  de  Jazz  do  Hot  Club  de  Portugal)  como  España (Taller  de  Músics  de  Barcelona), Zé  Eduardo,  que  actuou  acompañado por  unha  agrupación mixta  composta  de  músicos  galegos e portugueses; e  o   mellor  músico  de  Jazz  actual  español, e  discípulo  de  aquela  agrupación  como  é  Perico  Sambeat , que  deu  o  seu  derradeiro  concerto  en  Cangas antes  de  gravar  o  primeiro  disco  do  seu  novo  sexteto “Ziribuye”. Por  outro  lado tamén contamos  cun  dos  grupos  máis  frescos  no  panorama  jazzistico  peninsular  como  é  o  Rodrigo  Gonçalves  “Tribology”, que  ven  a  ser  unha  simbiose  de  músicos  portugueses  e  españoles. Pero  como  novidades  máis  importantes  cabe  destacar  a  incorporación dunha  jam-session  onde  contamos  con  tódolos  músicos  que  actuaron  no  festival  e  a  incursión  no  programa  de  actividades  didácticas  coma  unha  charla-coloquio  sobre  os  “20  anos  de  jazz”  na  península  e as  “Master-class”  de  Guitarra, Piano  e  Batería.
 

ZE EDUARDO & SPJ-Group

Luns 23 de Agosto ás 22h. 

 Eirado  do  Costal

WENZL McGOWEN(saxo-tenor)
NUNO ALVES(trompeta)
VIRXILIO DA SILVA(guitarra)
ZE EDUARDO(contrabaixo)
MAX GOMEZ(batería)

   Neste concerto Zé Eduardo (un dos grandes pedagogos do jazz na península ibérica) rodeouse dunha formación moi nova en idade (pero non en madurez musical), que aglutinaba ás promesas do jazz galego e do Algarve.  O repertorio estivo composto tanto de standards coma de temas propios dos componentes desta banda.
Zé  Eduardo
 Fundador  da  Escola  de  Jazz  do  Hot  Club  de  Portugal  e  Director  Pedagógico  do  “Taller  de  Músics  de  Barcelona”  a  principios  dos  anos  80,  Zé  Eduardo  é  sen  dúbida  o  gran  impulsor  de  toda  unha  xeración  de  grandes  músicos  tanto  en  Portugal  como  España, por  medio  duns  programas que  revolucionaron  o  panorama  do  ensino  do  jazz  na  península.
  Na  sua  faceta  compositiva, compuso  e  orquestou  música  para  documentais, películas  e  grandes eventos  como: “Nit  a  Salónica” e “Del  Piano  a  la  Big band”(xunto a Tete  Montoliu)  para  a  RTVE, “Novissims”  para   a  Olimpiada  Barcelona´92, “Improvisando  nos  Verdes Anos” para  a  Orquestra  Metropolitana  de  Lisboa, e  participando  na  banda  sonora  da  película  “El  Embrujo  de  Shangai”  de  Fernando  Trueba.
 Ten  acompañado e  gravado  con  grandes  solistas  como  Art  Farmer, Harold  Land, Steve  Lacy, Kenny  Wheeler, entre  outros.
No  ano  2002, nunca  producción  do  Cine  Club  de  Faro, edita  o  disco  “A  Jazzar  no  Cinema  Portugués”, considerado  pola  critica  como  o  mellor  disco  de  jazz  portugués  dese  ano. En  Setembro  deste  ano  sairá  a  venda  o  seu  novo  traballo  “A  Jazzar  no  Zeca  Afonso” que  pretende  ser  unha  homenaxe  á  voz  da  revolución dos  “Cravos”  no  seu  30 aniversario.

 

RODRIGO GONÇALVES "TRIBOLOGY"

Martes 24 de Agosto ás 22h. 

 Auditorio  Municipal

RODRIGO GONÇALVES (piano)
PERICO  SAMBEAT (saxo-alto)
MARIO  DELGADO (guitarra)
PACO  CHARLÍN (contrabaixo) 
ALEXANDRE FRAZAO(batería)

 Neste segundo concerto, tamén apostamos polo jazz portugués, neste caso por un dos grupos máis destacados  do jazz portugués, no que destacan a presencia de músicos de toda a península.
Rodrigo  Gonçalves
  Rodrigo  Gonçalves  é  un  dos  novos  valores  do  jazz  portugués, un  pianista  que  ven  a  continuar  a  estela  de Mário  Laginha  ou  Bernardo  Sassetti. A  banda  que  nos  presentou, é  a  que  xunto  con  Mark  Turner  gravou  o  seu  CD  “Tribology” (Capella,2004), unha  fusión  de  sons  ibéricos  con  músicos  como  Perico  Sambeat, Mário  Delgado, Paco  Charlín  e  Alexandre  Frazao.

 

PERICO SAMBEAT SEXTET

Mércores 25 de Agosto ás 22h

 Auditorio  Municipal

PERICO  SAMBEAT (saxo-alto)
RAYNALD  COLOM (trompeta)
TONI  BELENGUER (trombón)
JOSÉ  REINOSO (piano)
PACO  CHARLÍN (contrabaixo)
MARC  AYZA(batería).

Un concerto único, o derradeiro deste sexteto  antes de gravar en Porto o disco “Ziribuye”,polo que en Cangas tivemos a oportunidade de presenciar un concerto de excepción difícil de igualar. “Ziribuye” foi nominado como mellor disco de jazz do 2005, polos premios da música.
Perico Sambeat
  Este saxofonista valenciano que escomezou a tocar o saxo de maneira autodidacta, é na actualidade o músico de jazz español con  maior prestixio internacional. A súa discografía como  solista conta xa con doce traballos, destacando o máis actual Frienship (2003) con Brad Mehldau  ou  Jeff  Ballard, (N.Y. Barcelona crossing) ou  (Cruce de Caminos)  con  Gerardo  Núñez.
  Os  máis de vinte premios da crítica, tanto nacionais coma internacionais que posúe, fan deste músico un dos grandes referentes tanto europeos como internacionais do jazz actual.
 O  sexteto  que nos presentou, está  composto  de  músicos  moi  novos  pero  cunha  gran  proxeción  xa  recoñecida:
 Raynald  Colom  (trompeta),  Toni  Belenguer (trombón), José  Reinoso(piano), Paco  Charlín(contrabaixo) e  Marc  Ayza(batería).

 

+ festival

CHARLA-COLOQUIO MARTES 24 ,ás 11h. no AUDITORIO
ZE  EDUARDO  (20  ANOS  DE  JAZZ)
  Fundador  da  Escola  de  Jazz  do  Hot  Club  de  Portugal  e  Director  Pedagógico  do  “Taller  de  Músics  de  Barcelona”  a  principios  dos  anos  80,  Zé  Eduardo  é  sen  dúbida  o  gran  impulsor  de  toda  unha  xeración  de  grandes  músicos  tanto  en  Portugal  como  España, por  medio  duns  programas que  revolucionaron  o  panorama  do  ensino  do  jazz  na  península.

MARTES 24 no CAFÉ  CASABLANCA  ás 24h.
JAM-SESSION
Un  Festival  de  Jazz  sen  Jam-session  non  é  tal, xa  que  lle  faltaría  o  sustrato e  a  esencia. Este  ano  o  CANJAZZ, quixo  contar  con algúns  dos mellores  músicos  da peninsula e  reunilos no café CASABLANCA  o  Martes 24  para  o  deleite  de  todos.
 
MASTER-CLASS  MÉRCORES  25  ,ás 11h. no AUDITORIO
MARIO  DELGADO  (GUITARRA)

Este  experimentado  guitarrista  lisboeta, fusiona  os  sons  máis  vangardistas  co  jazz  máis  tradicional. Na  actualidade  é  un dos  guitarristas  máis  activos  de  Portugal  acompañando  a  María  Joao & Mário  Laginha, Carlos  Barreto  Trio, TGB  Trio, Carlos  Martíns, etc. Dende 1990  é  mestre  de  guitarra, harmonía  e  combo  no  Hot  Club  de  Portugal.

RODRIGO  GONÇALVES  (PIANO)
Pianista  e  profesor  da  Escola  de  jazz  do  Hot  Club  de  Portugal. Con  10  anos  de  carreira  profesional  no  mundo  do  Jazz, Rodrigo  Gonçalves  ten  formado  parte  do  Cuarteto  de  Carlos  Barretto, Moreiras  Quinteto, Nelson  Cascais  Quinteto e do  Cuarteto  de  Ana  Paula  Oliveira, entre  moitos  outros.

ALEXANDRE  FRAZAO  (BATERÍA)
Natural  de  Rio  de  Janeiro, vive  en  Portugal  dende  1987. Alexandre  Frazao  convertiuse  nun  dos  baterías  máis  solicitados  de  Portugal, formando  parte  na  actualidade  do  grupo  de  Maria  Joao & Mário  Laginha, Quinteto  de  Mário  Laginha, TGB  Trio, Bernardo  Sassetti  Trio, etc. Na  actualidade  é  “endorser”  de  YAMAHA  Drums  en  Portugal.