canjazz

Colaboradores

Actualidade

Big Band Na...
cartel2004

Concertos

Greg Ruggiero & Canjazz Collective

greg_ruggieroMartes 24 de Agosto ás 22:30h no EIRADO DO COSTAL
Greg Ruggiero
(guitarra)
Iago Vázquez (rhodes)
Juansy Santomé (contrabaixo)
Max Gómez (batería)
  O concerto estelar desta edición reune a una das grandísimas figuras da cidade dos rañaceos con tres músicos locais. Quizabes esta e unha das maiores apostas que se teñen feito na historia do jazz na Galiza, e que pretende ser un referente para poñer aos nosos músicos en igualdade coas estrelas norteamericanas.

Greg Ruggiero convertiuse nun dos músicos máis interesantes do panorama do jazz actual de Nova Iorque. No 2007 saíu o seu primeiro traballo discográfico  “Balance” editado polo selo Fresh Sound New Talent, coa participación de catro dos mellores artistas da escea actual coma Rob Wilkerson (saxo alto), Frank LoCrasto (piano), Matt Brewer (contrabaixo)  e Tommy Crane (batería).

  Na actualidade Ruggiero é mestre na “New School University” de Nova Iorque e na  “Academy of Creative Education “ nos Ánxeles. En 2004 foi o artista  e mestre convidado no “Crossties Jazz Festival”  no Mississippi xunto a Mulgrew Miller. No 2005 tivo a honrra  se ser seleccionado coma un dos 20 artistas de jazz máis representativos do seu estado Novo México, xunto a músicos coma Frank Morgan, Bobby Shew ou os seus colegas Rob Wilkerson  e Matt Brewer.

    Greg é membro da banda “Buy My Book”, do Gavin Fallow Quartet (Jeremy Pelt), Logan Richardson e moitos outros, así coma lidera o seu propio  trio e  cuarteto.

 

 

Marc Ayza 5tet

marc_ayzaMércores 25 de Agosto ás 22:30h no EIRADO DO COSTAL
Vicente Maciá (saxo tenor)
Virxilio da Silva (guitarra)
Alberto Vilas (piano)
Juyma Estévez (contrabaixo)
Marc Ayza (batería)

O segundo concerto do Canjazz traeranos ao batería catalán Marc Ayza  liderando unha banda única para a ocasión, co tenor valenciano Vicente Maciá e os galegos Virxilio da Silva, Alberto Vilas e Juyma Estévez.

    Marc Ayza comezou a estudar batería na súa Barcelona natal aos 13 anos con  Quim Soler e Jordi Rossy. Tamén realiza masterclass con Bob Moses, Leon Parker e Jimmy Cobb. Entre o ano 2000 e 2001 se traslada una tempada a Nova York estudando con Eric McPherson e Nasheet Waits e realizando masterclass con Brian Blade. Durante este tempo coñece ao pianista Jason Lindner con el que graba o aclamado disco 1,2,3,etc. con Giulia Valle ao contrabaixo.
 Ten tocado entre outros con Sheila Jordan, Steve Kuhn, Antonio Hart, Seamus Blake, Mulgrew Miller, Avram Fefer, Omri Mor, Bill McHenry, Chris Wiesendanger, Albert Bover, Perico Sambeat, Victor De Diego, Eli Raspall,Guim G.Balash, David Mengual, Raynald Colom ,Andreu Zaragoza, Celia Mur, Chris Wiesendanger, etc.

 

 

Balea´s Blues Quintet

baleasbluesquintetXoves 26 de Agosto ás 22:30h no EIRADO DO COSTAL
Nerea Otero (voz)    
Gabriel Villar (guitarra)
Alexandre Rios (piano)
Moncho Fernández (baixo eléctrico)
Ánxela Lavandeira (batería)

O blues son as raíces - the blues are the roots -  dicía o grande contrabaixista Willie Dixon. Todo o demais é froito. E o blues vai ser, pois, o fío condutor da proposta que achegan os Balea's Blues Quintet ao XIIIº Festival Internacional de Jazz de Cangas. Dende clásicos do xénero até as sonoridades máis frescas do blues actual: as raíces mesturándose con froitos que saben a soul, a latin-jazz e a bossa. Composicións propias e reinterpretacións de temas de músicos como Scott Henderson, Norah Jones ou Robben Ford, acompañados de arranxos orixinais de standards do jazz. A formación canguesa, que comezou a súa andaina alá pola primavera do 2008 no bairro de Balea, intégrana Nerea Otero (voz), Gabriel Villar (guitarra), Moncho Fernández (baixo), Alexandre Ríos (piano) e Anxela Mª Lavandeira (batería). Teñen tocado en salas de referencia na Galiza como o Contrabaixo (Vigo), a sala Ache (Marín), o Clandestino (Nigrán) ou o pub Sister-Ray e o Salasón (Cangas do Morrazo). Máis información no noso myspace: http://www.myspace.com/baleasbluesquintet