canjazz

Colaboradores

Actualidade

Cartel canj...
cartel2004

Presentacion

Edición 2009

 phoca_thumb_l_cartel_canjazz09O Festival Internacional de Jazz de Cangas  presentouse nesta duodécima edición cunha proposta que achegou  a Cangas a una das lendas vivas deste estilo musical coma é o baterista Bill Goodwin, cun concerto único que agrupou a dous dos artistas máis destacados dos Estados Unidos , Adam Niewood(saxo tenor) e Bill Goodwin (batería), cos dous músicos galegos máis internacionais Abe Rábade (rhodes) e Paco Charlín (batería).

 A DixieNaza Jazz Band trouxo o mellor de música de Nova Orleáns dende Portugal. E o espectáculo 30 anos de jazz en Cangas (1979-2009), conmemorou o trinta aniversario do primeiro festival de jazz, unindo a músicos  que participaron nestes primeiros festivais cos músicos galegos máis destacados.

 O canjazz workshop permitíu a tódolos músicos que pasaron polo auditorio municipal, disfrutar do mellor jazz da man de Bill Goodwin e Adam Niewood.

As jam session do plantacións e a academia, máis a grabación do documental “Jazz en Liberdade” de Xes Chapela e Matriuska Producións, puxeron o grao de area necesario para ter un dos mellores festivais da Galiza.

 

Bill Goodwin Quartet

Mércores 19 de Agosto ás 22:30h no EIRADO DO COSTAL
Adam Niewood (saxofóns)
Abe Rábade (rhodes)
Paco Charlín (contrabaixo)
Bill Goodwin  (batería)
 Cangas acolleu o excelso facer dunha das lendas vivas do jazz estadounidense, o baterista Bill Goodwin. O proxecto xurdíu como un intercambio cultural entre jazzistas de diferentes procedencias, un abrazo do mestre Goodwin cunha xeración de músicos máis novos. Contando coa colaboración de dúas figuras do jazz galego actual; Paco Charlín e Abe Rábade, estableceuse una creativa canle artística entre a sempre punteira escena jazzística de New York da cal Adam Niewood é a mellor mostra, e a máis puxante representación do panorama jazzístico actual de Galiza.
 

DixieNaza Jazz Band

dixie_netXoves 20 de Agosto ás 22:30h   no EIRADO DO COSTAL
Fabio Constantino (clarinete)    
Tiago Antunes (trompeta)
Joao Capinha (saxofóns)
Fabio Matías (trombón)
Mauro Constantino (sousaphone)
Marcio Silvério (banjo e guitarra)
Vitor Copa (batería)
A DixieNaza Jazz Band é o mais recente proxecto da Escola de Música da Academia Municipal das Artes da Nazaré.
Inspirada no jazz de rua nacido en Nova Orleáns no início do século XX, esta banda nos presenta unha constitución tradicional deste tipo de formacións.
Dende a súa creación, a DixieNaza Jazz Band xa participou en algúns eventos musicais de grande prestíxio, coma o Festival de Jazz de Valado dos Frades e no Festival de Dixieland de Cantanhede, a maior festa deste xénero musical realizada en Portugal.
A DixieNaza Jazz Band está dirixida polo maestro Adelino Mota.
 

30 Anos de Jazz (a gran jam session)

phoca_thumb_l_30anosVenres  21 de Agosto ás 22:30h no AUDITORIO MUNICIPAL 
Max Sunyer: guitarra 
Peter Delphinich: saxofóns
Zlatko Kaucic: batería
Dave Pybus: saxo tenor
Xan Campos: piano   
Iago Fernández: batería
Santi Quintáns: guitarra 
Salvador Niebla: batería
Jorge Pardo: saxos e frautas 
Max Gómez: batería   
Javier Pereiro GDJazz: trompeta
Juansi Santomé: contrabaixo
etc.        
Este último concerto do Canjazz rememorou a época do primeiro festival de Jazz en Cangas fai exactamente 30 anos. Os músicos de entón, de toda Europa e cunha gran traxectoria, reuníronse con novos talentos do Jazz da zona do Morrazo para una gran jam session. O concerto estivo enmarcado no proxecto documental “Jazz en liberdade” dirixido por Xes Chapela e producido por Matriuska Producciones.

 

CANJAZZ WORKSHOP 2009

IMPARTIDO POR BILL GOODWIN- ADAM NIEWOOD

________________________________BILL GOODWIN, bateríaphoca_thumb_l_bill_goodwinNace en Los Ángeles o 8 de Xaneiro de 1942
Desde 1959 ata hoxe, Goodwin foi un baterista profesional, tocando con instrumentistas da talla de Bill Evans, Dexter Gordon, Art Pepper, Jim Hall, George Shearing, Bobby Hutcherson, Keith Jarrett, Jim McNeely, Tom Harrell, Hal Galper; e cantantes como June Christy, Joe Williams, Tony Bennett, Manhattan Transfer e Tom Waits. Estando na banda de Gary Burton viaxa á costa oeste dos EEUU en 1969. Despois de tres anos co grupo de Burton, Bill múdase a unha vella granxa nos Poconos. Aló foi onde el e o contrabaixista Steve Gilmore chegaron a ser un equipo. Goodwin, así como Gilmore, é un membro do The Phil Woods Quartet (agora Quintet), mesmo desde a súa fundación en Febreiro de 1974.
Phil Woods di: "Bill é o ingrediente máxico nun grupo acústico. Bill é un dos mestres que realmente toca a canción, non soamente marca o tempo. Perfila o seu son marabillosamente. Bill toca música de verdade.”
Bill Goodwin produciu todas as gravacións do Phil Woods Quartet/Quintet e Pequena Big Band desde 1980, incluíndo os álbums gañadores de Grammy MORE LIVE (Adelphi), AT THE VANGUARD (Antilles) e o disco nominado aos Grammy en 1992 ALL BIRD'S CHILDREN (Concord Jazz), así como THE PHIL WOODS QUINTET MEETS DIZZY GILLESPIE en Timeless Records e FLOWERS FOR HODGES por Phil Woods e Jim McNeely a dueto. Tamén produciu varias gravacións para Tom Harrell e foi o productor principal para Omnisound editando material como: PHIL WOODS/LEW TABACKIN, SONGBOOKS de Dave Frishberg's, VOLUME I e VOLUME II.; LIVE AT THE DEER HEAD de Keith Jarrett no selo ECM, e o THE PHIL WOODS QUARTET/QUINTET 20TH ANNIVERSARY ALBUM para o selo Mosaic, ASTOR & ELIS de Phil Woods para o selo Chesky Records e MILE HIGH JAZZ para Concord Jazz.

____________________________ADAM NIEWOOD, saxo tenorphoca_thumb_l_adam_niewood1Adam foi estudiante en Berklee College of music e William Paterson University; onde se graduou en Interpretación Musical. Desde 2000 a 2003 Adam foi profesor de Saxofón, Historia de Jazz e Conxunto Instrumental en Montclair State University. En 2001 Adam foi escollido como un dos 18 alumnos para cursar o programa de Jazz da Juilliard School of Music. Adam deixou o posto en Montclair University en Setembro de 2003, despois de conseguir unha bolsa do 100% para cursar estudios en Manhattan School of music. Obtivo o seu Máster en Interpretación de Jazz en Maio de 2005. Adam coñeceu ao baterista Bill Goodwin na conferencia da IAJE (Asociación Internacional de Educadores de Jazz) en New York. Bill tiña traballado moitas veces con seu pai Gerry, e comezou a chamar a Adam de contado para concertos.
En Marzo de 2003, Adam publicou o seu primeiro álbum no selo Native Language co grupo SBW. Máis tarde, en 2004, Adam co-produciu con Bill Goodwin un CD para seu pai Gerry titulado "Facets"; e Bill tam´ne produciu "Introducing Adam Niewood" o seu primeiro disco como líder con Eric Lewis no piano, Matt Brewer no contrabaixo, e Ben Perowsky na batería, editado en Xuño de 2004.
Ademais do seu proio proxecto persoal, Adam Niewood forma parte das seguintes bandas: Bill Goodwin Group, Grupa Janke Randalu, Nathan Peck's The Voip, Scott Reeves, Id Trio (con Rohin Khemani e Noah Jarrett), a banda de Matt Brewer con Jeff Tain Watts ou Gerald Cleaver…

ORGANIZACIÓN  DAS  CLASES
Do Xoves  20 de Agosto ao  Venres 21 de Agosto de 11-14h
LUGAR
Auditorio Municipal de Cangas
(Av. Lugo, s/n)
Cangas do Morrazo (Pontevedra)