canjazz

Colaboradores

Actualidade

cartel canj...
cartel2004

Edición 2006

Edición 2006

a3canjazz2006webPresentamos a IX Edición do Festival Internacional de Jazz de Cangas "Canjazz 2006". Nesta ocasión a xa tradicional organización do SPJ contou cun novo promotor o Xacobeo, que viu a rescatar a continuidade do Festival, xa que o Concello de Cangas non aportou nesta edición nin un céntimo de €uro. Destacar a gran colaboración que nesta edición tivemos da asociación de locais do casco vello Abertal.  Nunha nova ocasión a iniciativa educativa Canjazz Workshop transcorreu paralelamente á programación dos concertos, destacando tamén as jam-sessions, exposicións, de viños e jazz e a incorporación da Gdjazz Street Band, que levou o jazz por tódalas rúas do casco vello .
A aposta polo jazz da península seguíu a ser un ingrediente fundamental da nosa filosofía de programación. Deste xeito, o cartel do Festival abriuse coa participación de dous valores esenciais do jazz luso; o contrabaixista Carlos Barretto e o baterista Mário Barreiros. Xunto ao guitarrista galego Virxilio da Silva completaron o atractivo Barretto / da Silva/ Barreiros Trío. A formación Ten Jazz Men composta de dez xóvenes talentos do jazz en Galiza, e contando cunha especial participación de músicos novos do Morrazo. Os trompetistas Xavier “GDJazz” Pereiro e David Santiago, o saxo alto Pablo Castaño, o saxo tenor Martín Brea, o saxo barítono Toño Otero, o trombonista Carlos Figueira, o guitarrista Telmo Fernández, o pianista Santiago Vázquez, o contrabaixista Juansi Santomé e o baterista Iago Fernández foron os encargados de deleitar ao público na segunda xornada, interpretando composicións orixinais de Abe Rábade, Jesús Santandreu, Santiago Vázquez, Telmo Fernández e Xavier “GDJazz” Pereiro. O  facer desta banda fructificará coa gravación dun disco, que sairá en breve. O último día do festival tivo lugar a actuación da Cangas Jazz Experience, un quinteto bautizado no Festival de Jazz de Ibiza 2006 como Ibiza Jazz Experience froito dunha selección representativa de talentos do jazz no estado español. O grupo estivo composto por Guim García Balasch no saxo alto, Jesús Santandreu no saxo tenor, Abe Rábade no piano, Pablo Martín no contrabaixo e Marc Ayza na batería. O repertorio deste quinteto acústico componse de temas orixinais de García Balasch, Santandreu, Rábade e Martín.
O Canjazz Workshop ofreceu clases prácticas durante cinco días (23h. lectivas) a un total de vintecinco alumnos chegados de toda a península, e de un nivel moi avanzado.Tivemos a sorte de contar coa labor didáctica de tódolos artistas convidados ao Festival ( o saxofonista e compositor Jesús Santandreu durante todos os días, o contrabaixista Pablo Martín dende o Luns 21 e diferentes master-class con Mario Barreiros, Carlos Barretto, Marc Ayza, Guim G. Balasch, Virxilio da Silva e Abe Rábade).
E como non, disfrutamos de jam sessions todos os días, tanto polas noites (no Sala Son e no Plantacións), polo mediodía (de viños e jazz na Academia), e a media tarde (jazz na tarde no Salason, no Plantacións e no Rincón de Moe)….


Destacar nesta edición do Canjazz, a importancia da recuperación do espazo do Eirado do Costal para os concertos, xa que esta praza ten un encanto especial. Dende a organización queremos agradecer ao concello de Cangas e moi en especial a súa alcaldesa, polo empeño en que a praza estivera nas mellores condicións.


 

BARRETTO / DA SILVA / BARREIROS TRIO

barretto_dasilva_barreirosLuns 21 de Agosto ás 22:30h
AUDITORIO MUNICIPAL
  • Virxilio da Silva (guitarra)
  • Carlos Barretto (contrabaixo)
  • Mário Barreiros  (batería)
Xa na primavera de 2005 puidemos disfrutar da extraordinaria musicalidade do contrabaixista portugués Carlos Barretto no marco do Jazz no Principal de Pontevedra. Naquela ocasión produciuse xa o encontro co xoven guitarrista galego Virxilio da Silva nun memorable concerto a trío que completaba Max Gómez na batería. Desta volta, a proposta contou co concurso do máis consagrado baterista de jazz luso; Mário Barreiros.
O Barretto / da Silva / Barreiros Trío ofreceu un directo baseado na espontaneidade e interacción dos tres instrumentistas sobre un repertorio composto de estructuras maioritariamente clásicas e máis dunha sorpresa en forma de tema orixinal.
 

TEN JAZZ MEN

tenjazzmenMartes 22 de Agosto ás 22:30h  
AUDITORIO MUNICIPAL
  • Xavier GDJazz Pereiro (trompeta)
  • David Santiago (trompeta)
  • Pablo Castaño (saxo alto)
  • Martín Brea (saxo tenor)
  • Carlos Figueira (trombón)
  • Toño Otero (saxo barítono)
  • Telmo Fernández (guitarra)
  • Santiago Vázquez (piano)
  • Juansi Santomé (contrabaixo)
  • Iago Fernández   (batería)
Esta formación composta por dez xóvenes valores do jazz en Galiza naceu coa vontade de ser unha grande plataforma para a composición, arranxo e interpretación jazzística dos seus membros. O repertorio da banda fórmano temas orixinais de Xavier “GDJazz” Pereiro, Telmo Fernández, Santiago Vázquez, Abe Rábade e unha composición de Jesús Santandreu expresamente escrita para esta ocasión. O primeiro traballo discográfico de Ten Jazz Men "May´s Idea", saíu a finais do ano 2006.
A estética da banda oscila entre a tradición bop, ritmos afro ou unha vertente máis lírica. Nos ventos tivemos a Xavier “GDJazz” Pereiro e David Santiago nas trompetas, Pablo Castaño no saxo alto, Martín Brea no saxo tenor, Toño Otero no saxo barítono e Carlos Figueira no trombón. Na sección rítmica participaron Telmo Fernández na guitarra, Santiago Vázquez no piano, Juansi Santomé no contrabaixo e Iago Fernández na batería. Un sólido balance entre composición, interpretación e improvisación farán deste grupo unha das referencias máis a ter en conta no panorama jazzístico galego, xa que o seu concerto no Canjazz foi expectacular.

 

CANGAS JAZZ EXPERIENCE

cangas_jazz_experienceMércores 23 de Agosto ás 22:30h
AUDITORIO MUNICIPAL
  • Guim G. Balasch (saxo alto)
  • Jesús Santandreu  (saxo tenor)
  • Abe Rábade  (piano)
  • Pablo Martín  (contrabaixo)
  • Marc Ayza  (batería)
A Jazz Experience naceu en Ibiza froito dunha selección de talentos do jazz no Estado español por parte da organización do Festival de Jazz de Ibiza. A acollida da proposta por parte da crítica e do público foi excepcional e o proxecto ten sólidas perspectivas de futuro coa gravación e edición do seu primeiro traballo discográfico o ano próximo.
Os cataláns Guim García Balasch (saxo alto) e Marc Ayza (batería), o valenciano Jesús Santandreu (saxo tenor), o galego Abe Rábade (piano) e o euskaldún Pablo Martín conforman este quinteto para o que todos aportan música orixinal.
O concepto da Jazz Experience é variado. Abrangue tendencias hardbop, funk, temas contrapuntísticos, arranxos de clásicos do jazz e ritmos afrocubanos. Este grandísimo concerto ( 2h. de duración e non se moveu ninguén do abarrotado auditorio) puso o broche final á IX edición do Festival Internacional de Jazz de Cangas "Canjazz 2006".
 

Gdjazz Street Band

brassbandLuns 21, Martes 22 e Mércores 23  de 13-14h e 18-19h
CASCO VELLO
  • Fernando Sánchez: saxo soprano
  • Xavier Pereiro: trompeta
  • Martín Brea: saxo tenor
  • Francisco Lavía: tuba
  • Javier Barral: pecusión
A Gdjazz Street Band foi unha das grandes apostas desta edición, e non defraudou a ninguén, xa que levou o jazz a tódolos recunchos do casco vello de Cangas, e fixo que moita xente que non acude normalmente aos concertos enganchárase co jazz que percorreu nestes tres días paseos, terrazas, tabernas, etc. Unha aposta de futuro, que non descuidaremos en vindeiras edicións do Canjazz.
 

CANJAZZ WORKSHOP 2006

CANJAZZ WORKSHOP 2006
JESÚS SANTANDREU - PABLO MARTÍN - CARLOS BARRETTO - MARIO BARREIROS - GUIM G. BALASCH - MARC AYZA - VIRXILIO DA SILVA - ABE RÁBADE
Auditorio Municipal de Cangas ( do 19 ao 23 de Agosto)

Sábado 19
12:00-14:00h. Presentación. Confirmación de matrículas, horarios e aloxamentos.
16:00:19:00h. Master Class Xeral de Jesús Santandreu.
 
Domingo 20
11:00-14:00h. Master Class Xeral de Jesús Santandreu.
16:00-18:00h. Master Class Xeral de Mário Barreiros e Carlos Barretto.
 
Luns 21
11:00-13:00h. Master Class Xeral de Jesús Santandreu.
13:30-14:30h. Master Classes Instrumentais:
   Virxilio da Silva, guitarristas
   Abe Rábade, pianistas
   Jesús Santandreu, ventos
   Carlos Barretto, contrabaixistas
   Mário Barreiros, bateristas
16:30-19:30h. Master Class Xeral de Pablo Martín.
 
Martes 22
11:00-14:00h. Master Class Xeral de Jesús Santandreu.
16:00-19:00h. Master Class Xeral de Pablo Martín.
 
Mércores 23
11:00-13:00h. Master Class Xeral de Jesús Santandreu.
13:30-14:30h. Master Classes Instrumentais:
   Virxilio da Silva, guitarristas
   Abe Rábade, pianistas
   Guim G. Balasch, ventos
   Pablo Martín, contrabaixistas
   Marc Ayza, bateristas
16:30-18:30h. Master Class Xeral de Pablo Martín.

  jesus_santandreuJESUS SANTANDREU (saxo tenor)
Jesús Santandreu 25-12-1970 Como tódolos músicos de Valencia e debido a súa afición polas bandas de música nesta zona, escomeza na música de moi novo. Realiza estudos en Carcaixent  Madrid e asiste a seminarios de jazz. Obtén a licenciatura en "performance" pola Berklee College of Music. Recibe mención e premio da "SGAE" por duas composicións, unha beca de Berklee, e o "Sadao Watanabe Award". Participa en numerosos proxectos de gravacións, festivais, certames, documentais, seminarios e conferencias. Actualmente compaxina a docencia con concertos como "sideman" ou coma "líder", os arranxos e a composición. Tamén dirixe la bigband "Jove Jazz Band". Discos nos que participa: Saxomania "Airegin" Santiago de la Muela "Lo que nos gusta es esto "Latin Ensemble "Este tambien" Latin Ensemble "Envenenado" Santiago Cho Yoon Seung "Jazz Korea" Fabio Miano Septet "Personally speaking" Ramon Cardo Big Band "Per l'altra banda" Ze Eduardo Unit "A jazzar con o cinema portugues" Ze Eduardo Unit "A jazzar no Zeca Afonso" Nelson Cascais Quintet "O olho do ciclope" Abe Rábade Ghu! Project , Vicente Espí “Tras Coltrane” Daniel Flors "when least expected" Tamén traballa ocasionalmente coma músico de estudio.
 
aut_371PABLO MARTÍN (Contrabaixo)
 Estuda na escola superior de música de Viena (Austria) cos mestres Josef Niederhammer e Herbert Mayer desde 1994, onde obtén o título superior en 1999. Foi membro da JONDE (Joven Orquesta Nacional de España), da EGO (Joven Orquesta del País Vasco) e colaborador, entre outras, da orquestra Ciudad de Granada, RIAS Jugendorchesster de Berlín, Jenesse Orchester de Viena. Entre as distincións  destacan o Premio Especial da Prensa para Xóvenes Intérpretes de Ibiza 1991 e o primeiro premio do Torneo Internazionale di Musica Roma 1998.
Pablo Martín colabora con formacións de diferentes estilos musicais, especialmente de jazz e flamenco, a raíz da súa participación na xira ‘Jazzpaña II’. Ten tocado nos festivais de jazz de Vitoria, Estocolmo, Viena, Miami... Na actualidade é compoñente tanto do sexteto do pianista Chano Domínguez, como do trío do guitarrista jerezano Gerardo Núñez cos que gravou, respectivamente, os discos ‘Oye cómo viene’ e ‘Un ramito de locura’. Tamén colabora con Marc Miralta, Perico Sambeat, Antonio Serrano, entre outros.
 
phoca_thumb_m_carlos_barretoCARLOS BARRETTO (Contrabaixo)
Carlos Barretto naceu en Estoril no ano  1957, con dez anos de idade iniciou estudos de piano e solfeo no Conservatório Nacional de Música de Lisboa.
No início dos anos 70, por iniciativa de Luís Villas-Boas, tiveron lugar os primeiros festivais de Jazz (Cascais) de que se ten memória en Portugal. Foi aí onde Carlos Barretto, impresionado pola  mestria dos instrumentistas que aí desfilaban, espertou interese polo contrabaixo.             Estudou co profesor Armando Crispim, e paralelamente frequentou a primeira escola de Jazz do país (a do Hot Club de Portugal).
  Estudou, mais tarde, co mestre Ludwig Streischer, na Academia Superior de Música de Viena (Áustria). Nesta cidade ten a oportunidade de traballar con músicos de jazz coma Fritz Pauer, Joris Dudli e Christian Radovan.
Regresa a Lisboa, ingresando na Orquestra Sinfónica da RDP. Por esta altura, a profisionalización do Jazz daba os primeiros pasos en Portugal, Carlos Barretto colaborou daquela con músicos da sua xeración, como Mário Laginha, Carlos Martins e Mário Barreiros, entre outros.
   En 1984, reflexo do frustrante panorama cultural e artístico que por aquel entón se vivia en Portugal, Carlos Barretto estabelece a sua residencia en Paris, co proposito de facer da música improvisada a sua filosofia de vida e carreira profesional. Nesta cidade colaborou con músicos da talla de: Steve Grossman, Steve Lacy, Steve Potts, Barry Altschul, Aldo Romano, Hal Singer, Alain Jean Marie, George Brown, Michel Graillier, entre moitos outros.
Participou en  varios festivais en Francia, coma os de Coutances (Jazz sous les Pommiers), Jazz à Vienne, Jazz à Marciac, Radio France (Paris , Montpellier), Festival de Calvi (Córcega), Banlieues Bleues (Paris), Nantes, Perpignan, Limoges, etc., ao lado de músicos de renome como Horace Parlan, Tony Scott, Lee Konitz, Glenn Ferris e Siegfried Kessler.
 A súa discografía inclúe discos coma “Solo Pictórico”, “Lokomotiv”, etc.
 
MARIO BARREIROS (batería)
Natural do Porto (1961), estudou bateria e guitarra como autodidacta, tendo integrado, apenas con oito anos de idade, o grupo Mini - Pop, formado polo seu pai. Frequentou o conservatório de Música do Porto e en 1978, có  fin do Mini Pop, Mário Barreiros descobriu  definitivamente o Jazz, dende logo nutrindo unha grande admiración por Tony Williams. As suas primeiras actuacións como baterista de Jazz acontecerom en Lisboa no Hot Clube e en 1981-82 surxiu integrado no Quarteto de Rão Kyao xuntamente con António Pinho Vargas e Zé Eduardo. Mário Barreiros estudou cos bateristas Billy Hart, Paul Motian, Joe Hunt e Kenny Washington. Formou parte do Quinteto de Maria João, Quarteto de António Pinho Vargas, Sexteto de Jazz de Lisboa, Quarteto de Mário Laginha, Cool Jazz Orchestra (de Pedro Abrunhosa) e tocou entre outros, com Andy Sheppard, David Liebman, Frank Lacy, John Stubblefield, David Schnitter, Al Grey, Perico Sambeat e Wayne Shorter. Foi ainda un dos fundadores do grupo Jafumega e do Sexteto de Mário Barreiros. Foi guitarrista de Rui Veloso e os Optimistas e de Pedro Abrunhosa & Bandemónio. Participou en Festivais en Portugal, España, Francia, Itália, Bélxica, Suiza, Macau, Inglaterra, Canadá, USA. e Brasil. Actualmente para além da sua actividade como guitarrista e produtor, integra o Quarteto de Carlos Barretto, juntamente com Perico Sambeat e Bernardo Sassetti.
 
GUIM G. BALASCH (saxo alto)
Terrassa 1974. Estudou na Queens College de New York onde cursa o 'Master of Arts Program in Jazz Performance' con mestres coma Wynton Marsalis, Todd Williams, Michael Mossman, Antonio Hard o Sr. Roland Hanna. Durante este período foi membro da Queen's College Big Band e da 'European Jazz Youth Orchestra', así coma o Marc Ayza Quartet.
Ten  estudiado con saxofonistas de gran prestíxio coma George Garzone, Chris Cheek, Seamus Blake, Perico Sambeat ou Jorge Pardo, e ten participado en numerosos festivais de Jazz. Tamén conta con destacados traballos discográficos coma  'Alguimia U' ('Mellor disco do ano  por Ràdio 4), 'Alguimia Dos', 'Estàndards', 'Núria Tomàs', 'Àngel venido a mi ventana' ou 'Jams a Granollers'.
 
MARC AYZA (batería)
 Estuda bateria e combo no Taller de Músics de Barcelona con mestres coma  Quim Solé, Jorge Rossy, Peer Wyboris y J.L.Gámez. Tamén  estudou percusión clásica con Miriam Lopez. Asistíu a varios seminarios (Taller de Músics, Sedaví...) con mestres coma Chris Cheek, Seamus Blake, Perico Sambeat, Chano Domínguez, etc.e ten realizado master-class con Jimmy Cobb, Jim Leff, Bob Moses, Leon Parker y Jesse Davis entre outros.
En xaneiro do 2000 se traslada a New York para completar os seus estudos. Alí estuda cos baterias Eric McPherson e Nasheet Waits e realiza master-class con Brian Blade.
Ten  formado parte dos grupos Bloomdido Quintet, Raynald Colom Quartet, Raül Reverter Quartet, Casual Jazz Trio, Monda & Rhythm Makers, Marcelino Galán Trio, Stoc de Bop e realizou varias colaboracións como músico free-lance.
Ten tocado con Albert Bover, Chris Higgins, Mario Rossy, Bill McHenry, Ben Waltzer, Sheila Jordan, Steve Kuhn, Antoine Roney, Javier Colina, Jason Lindner y un largo etc. de músicos nacionales e internacionales.
Na actualidade lidera  o seu propio cuarteto e forma parte do Perico Sambeat Sextet.