BOB SANDS & SPJ-Group
Luns 22 de Agosto ás 22h. EIRADO DO COSTAL
Bob Sands: saxo tenor Virxilio da Silva: guitara Xan Campos: piano Jose Carlos Ferro: contrabaixo Max Gómez: batería
O primeiro dos concertos do “Canjazz 2005” xuntou ao saxofonista Bob Sands, cunha selección de alumnos do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Neste concertos Bob Sands & SPJ-Group interpretarón temas propios dos membros do SPJ-Group, standards ou temas do propio Bob Sands. O concerto viu a constatar o grande nivel dos alumnos do SPJ, ante unha praza ateigada dun público entregado ao disfrute da boa música e deseoso de máis. Bob Sands Natural de Manhattan, obten o Master en Musica de Jazz da “Manhattan School of Music” en 1991. No 1987 e no 1988 recibe a mención honorífica da revista DownBeat. Entre os seus profesores principais están : Bob Mintzer, Bill Dobbins, Ray Wright, Al Regni e George Coleman. Ten participado en xiras internacionais coas orquestras de Lionel Hampton e The Glenn Miller Orchestra. A nivel internacional tocou xunto a figuras coma: Lionel Hampton, Dizzy Gillespie, Paquito D’Rivera, Gerry Mulligan, Mel Lewis, Garry Smullyan, Clark Terry, Mark Murphy, Dee Dee Bridgewater, Ron McClure, George Mraz, Kurt Weiss e J.J. Johnson,entre outros. Dende que se instalou en Madrid no 1992 ten colaborado con músicos coma: Perico Sambeat, Jorge Pardo, Chano Domínguez, Pedro Iturralde, Albert Bover, Iñaki Salvador,Horacio Icasto, Javier Colina, Mario Rossy, Jorge Rossy, Bernardo Sasseti, Guillermo McGuill, Chris Kase, Mikel Andueza, Yayo Morales ou o grupo Calle Caliente. No 1998, graba o seu primeiro disco coma lider para o selo Fresh Sound . Na actualidade, traballa coma lider de varios proxectos coma trio, cuarteto e The Bob Sands Big Band ; ou coma músico “free lance” de artistas pop nacionales coma: Joaquin Sabina, Miguel Ríos, Marta Sanchez, Lolita, Martirio, Victor Manuel, Ana Belén, Joan Manuel Serrat entre moitos outros.
ANDRE FERNANDES CUARTETO
Martes 23 de Agosto ás 22h. EIRADO DO COSTAL André Fernándes: guitarra Jesse Chandler: órgano Bernardo Moreira: contrabaixo André Sousa Machado: batería
O segundo dos concertos permitiunos disfrutar dun proxecto máis baseado nas músicas de vangarda e electrónica, coma foi o do guitarrista lisboeta André Fernándes, que acompañado por tres dos músicos máis destacados do país veciño, inundaron de boas vibracións o ateigado eirado do costal. André Fernandes Natural de Lisboa, estudou na Escola de Jazz do Hot Clube de Portugal onde hoxe e die é profesor das disciplinas de Guitarra, Análise, e Combo. En 1996 recebeu unha bolsa da Berklee College of Music que frequentou ata mudarse para Nova Iorque. Durante a sua estadia nos EE.UU. estudou con Hal Crook, John Abercrombie, Jerry Bergonzi, Mick Goodrick, Kenny Werner, entre outros. Recebeu o ´Stephen Holland Award for Outstanding Musicianship´. Entre as suas colaboracións destacan: Chris Cheek, Bill McHenry, Cyro Baptista, Perico Sambeat, Julian Arguelles, Eli Degibri, Pedro Moreira, Alexi Tuomarila Quartet, Quinteto de Bernardo Moreira, Jorge Reis, Carlos Barreto, Sexteto de Tomás Pimentel, Jarmo Savolainen, Furio diCastri , Phil Markowitz e João Paulo Esteves da Silva, entre outros. Gravou o seu primeiro CD como líder titulado “O Osso”, com Julian Arguelles, Pete Rende, Bernardo Moreira e Jochen Rueckert, que foi votado como um dos cinco mellores Cds de Jazz portugueses do 2002 pola revista All Jazz. No 2002 co-fundou os estúdios e a editora Tone of a Pitch, para quen traballou coma enxeñeiro de gravación en vários CDs. Fundou o seu novo proxecto de Jazz e Electrónica “ SPILL”, co cal actuou no Festival de Jazz de Valado dos Frades, así coma o Festival de Paredes de Coura 2003. No 2003 gravou o seu segundo CD coma líder titulado “Howler , que hoxe nos presenta.
MIGUEL ZENON & ABE RABADE TRIO
Mércores 24 de Agosto ás 22h.
AUDITORIO MUNICIPAL
Miguel Zenón : saxo alto Abe Rábade: piano Paco Charlín : contrabaixo Bruno Pedroso: batería
O derradeiro concerto do “Canjazz 2005” aunou no Auditorio Municipal a un dos mellores saxofonistas do Jazz actual coma é Miguel Zenón (premio da crítica ao mellor saxofonista revelación pola prestixiosa revista norteamericana “Downbeat”) co Abe Rábade Trio (o mellor grupo do panorama actual do jazz na Galiza). Neste concerto puidemos escoitar varias composición de Abe Rábade, que fixeron as delicias dun numerosísimo público entre o que destacaba a presenza do novo Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia. Miguel Zenón Natural de San Juan de Puerto Rico, escomezou os seus estudios na “Berklee School of Music” por medio dunha beca do “Puerto Rico Heineken Jazz Festival”. Zenón recibiu o “Berklee Best Scholarship Award”, o “Frederic Cameron Weber Award”, etc. Despois da súa graduación en Boston recibe unha beca para asistir a prestrixiosa “Manhattan School of Music” en Nova Iorque,estudando con mestres coma: Danilo Perez, Dick Oatts, Dave Liebman, George Garzone ou Bill Pierce entre outros. Pese a súa xuventude, Miguel Zenón xa ten colaborado e gravado con artistas coma David Sanchez, Danilo Perez, William Cepeda's Afrorican Jazz, Bob Moses' Mozamba, The Either/Orchestra, The Village Vanguard Orchestra, The Guillermo Klein Big Band, The Mingus Big Band, Charlie Haden, The David Murray Big Band, The Jason Lindner Big Band, Brian Lynch, Greg Tardy, Branford Marsalis, Ray Barretto, Michele Rosewoman, ou Ed Simon, entre outros. Coma lider xa ten tres CD´s no mercado. O primeiro “Looking Forward” con Fresh Sound foi seleccionado tanto polo New York Times coma por TomaJazz coma un dos mellores 10 CD’s de Jazz do 2002. O segundo, “Ceremonial”, foi editado no 2004 por Marsalis Music, o que fai de Zenon un dos primeiros artistas deste selo discográfico fundado polo gran saxofonista Branford Marsalis. Miguel Zenón recibiu neste ano 2004 o recoñecemento da revista Downbeat como mellor saxofonista alto. O terceiro“Jibaro”, segundo CD de Zenón para Marsalis Music, saiu en Maio deste ano Na primaveira do 2004 Zenón foi seleccionado para formar parte do proxecto creado polo “San Francisco Jazz Festival” chamado “The SFJAZZ Collective”. Este grupo de estrelas incluia a Zenon, Joshua Redman, Nicolas Payton, Reene Rosnes, Robert Hurst, Brian Blade, Josh Roseman e Bobby Hutcherson. O “SFJAZZ Collective” fixo unha xira por California e gravou ao vivo un CD con composicións de cada un dos membros e algunhas composicións de Ornette Coleman.
CANJAZZ WORKSHOP 2005
Do Luns 22 ao Venres 26 de Agosto. AUDITORIO MUNICIPAL Do 22 ao 26 de Agosto tivo lugar no seo do VIII Festival Internacional de Jazz de Cangas o Canjazz Workshop 2005. Este evento supuxo unha intensa actividade para un grupo de 35 estudiantes de jazz. Houbo unha significativa afluencia de alumnos de toda a xeografía peninsular coma: Madrid, Burgos, Asturias, Porto, e por descontado de toda Galiza, o que convertiu a Cangas nunha capital temporal do ensino de jazz na Península. Neste Workshop os alumnos pudieron disfrutar da presenza de: Bob Sands que impartiu duas master-class, unha de combo e outra de saxofón os días 22 e 23 de Agosto. Miguel Zenón que impartiu varias master-class de combo ( os dias 22, 25 e 26 de Agosto) e outra de saxofón o dia 24 de Agosto. André Fernándes, Jesse Chandler, Bernardo Moreira e André Sousa Machado, que impartiron obradoiros instrumentais dos seus respectivos instrumentos o 23 de Agosto. E Bruno Pedroso, Abe Rábade e Paco Charlín que impartiron tanto obradoiros instrumentais coma master-class de sección rítmica, os dias 24, 25 e 26 de Agosto A valoración por parte do alumnado do “Canjazz Workshop 2005” foi moi boa e aí van algúns datos:. Valoración xeral do Canjazz Workshop: Excelente 22% Boa 78% Valoración das Jam-sessions: Excelente 14% Boa 72% Regular 14% Participarás na próxima edición? Si 67% Tal vez 33% Con respecto as tuas expectativas a experiencia: Axustouse ás miñas expectativas 48% Superou con creces as miñas expectativas 52% Valora o ambiente de convivencia: Excelente 48% Bo 52%
|
|